O noso club

  • Historia e símbolos
  • Himno
  • Eventos históricos

Historia e símbolos

A Coruña Gaelic Athletic Association ou A Coruña GAA é o nome deste equipo para efectos oficiais de rexistro na Gaelic Athletic Association. Outra cousa é o nome de batalla. Ese é Fillos de Breogán para a sección masculina e Fillas de Breogán para a feminina. Logo dunha votación relizada nesta web durante o mes de xullo de 2010, ése foi o nome elixido. E é unha denominación que ten moito que ver coa Coruña, con Galicia e con Irlanda.

No Libro das Invasións de Irlanda, un compendio de manuscritos que narran as diferentes conquistas que sufriu a illa esmeralda ata o século XI, vencéllase a existencia do pobo gaélico a Galicia. Fálase dos celtas gaélicos (os irlandeses e os escoceses) como os descendentes do rei Fénius Farsaid, un dos setenta e dous próceres construtores da Torre de Babel. De aí naceu a lingua irlandesa, posto que o seu avó, Gaedel Glas, tomouna de entre as setenta e dúas linguas nas que se dividiu o mundo trala caída da Torre. Gaedel emparellouse con Scotta, a filla do faraón de Exipto, e co seu pobo comezaron un éxodo de catrocentos corenta e catro anos, rematando en Gallaecia. Alí, un dos seus descendentes, Breogán, funda Brigantia, A Coruña na actualidade. Nesa nova cidade, constrúe unha torre, a chamada agora Torre de Hércules, dende a que o seu fillo Ite divisa Irlanda.

Ite viu unha illa verde e foi aló. A xente da deusa Danu (os Tuatha Dé Danann), os poboadores de Irlanda antes da chegada dos celtas, asasinaron ó fillo de Breogán. Décadas despois, Mil, neto de Breogán, vingou a morte de Ite e conquistou Irlanda. De aí que os primeiros habitantes celtas da illa, os milesianos (chamados así polo seu líder Mil), fosen os descendentes de Breogán vidos de Galicia. Non deixa de ser unha lenda, pero, graciñas ó poema de Pondal, o Himno Galego, Os Pinos, perviviu no tempo na nosa terra. Así, Galicia pasa a ser o Fogar de Breogán e a Nazón de Breogán, como cantamos os versos do poeta de Ponteceso.

Por outra banda, no escudo figura a bandeira do Porto da Coruña. A bandeira histórica da cidade da que se copiou a bandeira de Galicia. Sobre ela, un cranio e dúas tibias. Representan a Xerión, o xigante que matou Hércules, segundo conta a mitoloxía grega, e que soterrou debaixo de onde logo se erguería a Torre de Hércules na Coruña. Tamén representan a Ite morto, o fillo de Breogán, que, coa posterior vinganza do neto de Breogán Mil, permitiu esa ligazón lendaria entre Irlanda e Galicia. Ademais, un balón do que realmente importa: o fútbol gaélico.

Por último, as cores do equipo: azul, branco e negro. Azul e branco pola bandeira da Coruña, a bandeira de Galicia e porque, graciñas ó Deportivo que tamén tomou as cores da bandeira, son o símbolo desta cidade e esta terra polo mundo adiante. O negro, como elemento diferenciador e porque xogamos cos temas de Xerión e de Ite, relacionados coa morte, coma nós, que morremos por este equipo.

Himno

Here comes Galicia, the best team out
Here comes Barcelona, Madrid, Seville, Valencia,
Pamplona and Marbella trying to do us out
Here comes Sebas, up along the wing
and he knocks down the goalie, and ball rolls in
It’s a great old thing to pray for
It’s a great old thing to know
We don’t care whether we win, lose or draw
What the dickens do we care for all
We know there’s going to be a match
and the good old Fillos will be there
When the beer is on the table we’ll be there, we’ll be there
Whe the corks is off the bottles,
we’ll be shoving ’em down our throttles
When the beer is on the table we’ll be there, we’ll be there
Here comes Galicia, the best team out
Here comes everyone else trying to do us out
Here come Fillos up along the wing
and they all knock down the goalie and the ball rolls in

Seanie McEvoy (reknowned poet and balladeer)
A Coruña, june 5, 2011

Eventos históricos

Desde a fundación de Fillos de Breogán no xa afastado setembro de 2010, o club foi acadando metas que para moitos parecían moi afastadas e difíciles de imaxinar. Aquí temos un resumo deses feitos que marcan a nosa historia:

Fundación dos Fillos de Breogán

8 de setembro de 2010, coa sinatura dos primeiros estatutos no Matthews Irish Bar de A Coruña.

Primeiro adestramento

6 de outubro de 2010, no Campo da Torre da Coruña.

Primeiro encotnro masculuino

5 de febreiro de 2011, nos campos da Torre na Coruña ante os Madrid Harps (campións Ibéricos no ano 2010).

Primeiro torneo oficial

21 de febreiro de 2011, nos campos de La Cartuja en Sevilla. Tres derrotas ante Valencia, Barcelona e Marbella.

Fillas de Breogán

11 de xuño de 2011 con Patri e Kamy á cabeza, debutan como xogadoras na última rolda do campionato ibérico de 2011 formando parte do equipo de Madrid

Primeira vitoria oficial

11 de xuño de 2011 nos campos de Vall d'Hebron en Barcelona, ante Iruña Naomh Fermin con un resultado final de 10-1.

Debut das Fillas de Breogán

23 de xuño de 2012 no Torneo da Coruña 2012 ante Madrid Harpettes, Barcelona Gaelettes e Sant Vicent València.

Primeiro encontro internacional na Coruña

4 de setembro de 2011 nos campos da Torre ante un combinado de Nemo Rangers na I Edición da Copa Breogán, con victoria para os irlandeses.

Primeiro campionato oficial

Maio de 2015 No torneo da Coruña de 2015, os Fillos de Breogán proclamáronse campións.

Primeiro campionato galego feminino

Temporada 2015/2016. As Fillas proclamáronse campioas da Liga Galega de Fútbol Gaélico.

Primeiro campionato internacional feminino

Temporada 2015/2016. As Fillas proclamáronse campioas da Champions League desputado en Pontevedra.

Primeiro copa galega

Temporada 2015/2016. As Fillas proclamáronse campioas da Copa Galega.

Primeiro trofeo dos Ártabros

Temporada 2015/2016. Os Ártabros proclámanse campións da Segunda División da Liga Galega de Fútbol Gaélico.