Contacto

Queres probar o fútbol gaélico?

Gústache o deporte en equipo, a competición pero, sobre todo, pasalo ben? Tes ganas de probar o fútbol gaélico mais non te dás atrevid@? Non te preocupes! Estamos aquí para botarte unha man!

Os Fillos de Breogán estamos formado na actualidade por 4 equipos, dous masculinos e dous femininos. Para mantelos en competición precisamos xuntar cada temporada entre 50 e 70 persoas, así que todos sodes benvid@s!

Se tes interese en vir probar o deporte, aquí tes os horarios en que adoitamos adestrar:

  • Mércores: de 21:30 a 23:00 no Campo 3 da Cidade Deportiva da Torre
  • Xoves: de 21:00 a 23 no Campo de Almeiras (Culleredo=
  • Venres: de 21:00 a 22:00 no Campo 3 da Cidade Deportiva da Torre

Os partidos na casa (nesta ligazón podes consultar o horario de partidos para a temporada 2016/2017) adoitan ser os sábados ás 14:00 horas os femininos e ás 15:00 os masculinos. Alí tamén poderás contactar con nós. 

Agardámoste!

Campo da Torre

Campo de Almeiras