Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

O mellor do fútbol gaélico dáse cita na Coruña no Torneo Ibérico

A cita máis importante do fútbol gaélico a nivel Iberia dáse cita este sábado na Cidade Deportiva da Torre de Hércules: 2 campionatos sénior, 2 Copas Shield, 5 campos, 24 equipos e máis de 50 encontros servirán para coñecermos o campión do Torneo Ibérico de Fútbol Gaélico de 2018.

Campionato masculino e campionato Feminino

Ao Torneo Ibérico de Fútbol Gaélico clasifícanse os 3 mellores equipos da Liga Galega nas súas versións masculina e feminina aos que se engaden outros 3 equipos procedentes do resto da península que se clasifican despois da desputa de diferentes torneos ao longo do ano.

As Fillas de Breogán, a revalidar o título

Os equipos clasificados para o Torneo Ibérico Feminino son Fillas de Breogán campioas da Liga Galega e do Torneo Ibérico de Fútbol Gaélico nas dúas últimas edicións, Barcelona Gaels e Auriense FG (Grupo A) e Madrid, Herdeiras de Dhais e Estrela Vermelha (vixentes campioas da Copa Galega).

Os partidos comezarán tamén ás 10 da mañán e desputaranse no campo 2. A final está prevista para as 16.45 horas

As Fillas de Breogán tratarán de gañar o seu terceiro campionato consecutivo e resarcirse da última derrota na Copa Galega. Estrela Vermelha amosou un grande potencial no último partido e son firmes candidatas, xunto a Madrid e tamén Barcelona, posibelmente plagadas de xogadoras irlandesas.

Torneo Masculino

Os 6 equipos que desputarán a fase masculina son os seguintes. No grupo A están encadrados Madrid Harps, vixentes campións, Estrela Vermelha e Valencia. No gripo B, os anfitrións, Fillos de Breogán, Barcelona Gaels e Irmandinhos da Estrada, campións galegos.

Os partidos comezarán a desputarse a partir das 10.30 da mañá. En cada grupo, clasifaranse dous equipos, que xogarán unha semifinal. A final está prevista para as 17.45 horas.

Os Fillos de Breogán irán con todo para facer o mellor torneo posíbel e tentar desputar a vitoria aos de Madrid Harps, claros favoritos e vencedores das últimas temporadas. Para iso, deberán facer fronte no grupo aos dous grandes rivais, os Irmandinhos e Barcelona, este último, plagado de irlandeses.

A final está prevista no Campo 4 a partir das 17,45 horas.

Copa Shield

Para alén dos dous campionatos principais, os campos 1 e 3 acollerán a Copa Shield, un torneo ao que están convidados o resto de equipos que non puideron clasificarse para o campionato final.

A categoría feminina da Copa Shield está formada por Irmandinhas A Estrada, Sevilla e Keltoi. As dúas primeiras clasificadas desputaran as seminais contra as 3 da final feminina. A final e o resto de partidos xogaranse no Campo 1.

A categoría masculina está dividida en dous grupos e nelas estarán Sevilla e Madrid ODonels, Braithreachas e Cambados, Auriense, Keltoi, Gaélicos do Gran Sol, Dorna e Herdeiros de Dhais. Os partidos xogaranse entre o campo 3 e o 1.

Diversión para os máis peques

Por primeira vez, haberá un miniTorneo para os máis peques, que se xogará no campo 5, ademais dunha ginkana para que as nenas e nenos que queiran poidan divertirse e probar o gaélico.

Máis información

Nas imaxes seguintes (preme para ampliar) podes ver os horarios previstos dos partidos para cada modalidade, así como os planos de situación, e neste PDF podes descargar todos os partidos.

final-FEMININA

shield-feminina

final-masculina

SHIELD-MASCULINA

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply