Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Próximo obxectivo: a Copa Galega de Fútbol Gaélico

As Fillas e os Fillos de Breogán desprázanse este sábado a Lalín cun único obxectivo en meente: a pola Copa!

A capital do Deza acollerá durante a tarde do 12 de maio a fase final da Copa Galega de Fútbol Gaélico, organizada polo equipo local, os Herdeirxs de Dhais.

No cadro feminino, as Fillas parten como máximas aspirantes a revalidaren o título conseguido o ano pasado. Despois dunha temporada difícil ao contaren con moitas baixas, as Fillas souberon dominar os partidos e sufrir cando lles tocou para facer a terceira temporada completa sen perder ningún partido.

Neste camiño quererán seguir mañá a partir das 16 horas, en que xogarán a primeira semifinal fronte as sempre competitivas Estrela Vermelha, un equipo que xa llo puxo ben difícil hai só unhas semanas na casa.
A outra semifinal será Herdeiras de Dhais fronte a Auriense. As gañadoras de ambas as eliminatorias xogarán a partir das 20.20 a grande final

Os Fillos, a mellorar a temporada

Máis difícil, se cabe, téñeno os Fillos de Breogán. Despois dunha temporada complicada canto a resultados, os Fillos tentarán facer un grande papel nesta copa e tentar gañala por vez primeira.

O rival na semifinal será o campión da Liga Galega dos últimos anos, os Irmandinhos. Na outra semifinal, os composteláns Estrela Vermelha enfrontaranse a Braithreachas.

final-copa-galega

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply