Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

As tricampioas despiden a Liga Galega de Fútbol Gaélico

Gañar tres ligas consecutivas non o fai calquera. Por vez primeira na competición feminina, un equipo consegue revalidar o título tres temporadas consecutivas. E non podemos estar máis orgullosos.

Por iso, este sábado temos unha cita na Cidade Deportiva da Torre que non podemos perder. As tricampeoas da Liga Galega de Fútbol Gaélico, as Fillas de Breogán, despiden a competición 2017-2018 a partir 14.45 no Campo 3 cunha meta: remataren invictas e sumaren así non só tres campionatos consecutivos senón tres ligas sen concederen unha derrota.

O partido tamén servirá para medir o potencial dunha das rivais directas para a Copa Galega de Fútbol Gaélico, as Irmandinhas da Estrada, coa que, até agora, compartían honra de seren bicampioas.

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply