Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

As Fillas, campioas!

As Fillas conseguen o seu terceiro título consecutivo amosando unha superioridade aplastante na Liga Galega de Fútbol Gaélivo.

A falta dunha xornada para o remate do campionato ligueiro, a vitoria contra as Herdeiras de Dhais deste sábado na Cidade Deportiva da Torre, segunda na táboa, coloca as breoganeiras 7 puntos por riba das lalinenses, colocándose con 26 puntos e 13 vitorias noutros tantos partidos, e con máis de 400 goles diferenza.

Estes números, sumados ás tres temporadas consecutivas sen perder na liga e tres títulos seguidos fan das Fillas de Breogán un equipo de lenda.

Os Fillos, clasificados para o Ibérico

Pola súa banda, os Fillos de Breogán acabaron a temporada do mellor xeito posible: coa ampla vitoria ante Herdeiros de Dhais, 8-20 (44) / 1-6 (9), acaban terceiros na Liga e clasifícanse para o Torneo Ibérico que terá lugar na Coruña o 26 de maio.

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply