Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Dúas auténticas finais: Fillas – Herdeiras

A Liga Galega de Fútbol Gaélico vive este sábado a cita máis importante para os Fillos de Breogán: duelo polo título feminino e partido sen marxe de erros para os homes.

A dúas xornadas para o remate da Liga, as Fillas reciben na casa as perseguidoras, as Herdeiras de Dhais. As de Lalín crearon un bloque moi compacto e sen fisuras que, co paso das xornadas, progresou até se converter nas auténtica  revelación da liga: segundas na táboa e con só unha derrota, a colleitada na primeira volta fronte ás breoganeiras, gañando o resto de partidos con auténtica solvencia.

En fronte, unhas Fillas de Breogán fortes na casa pero con múltiplas baixas durante a temporada, o que demostra, máis unha vez, a valía das breoganeiras, un mérito que abofé se recoñecerá co paso do tempo.

A cita coa Liga será este sábado a partir das 14.45 na Cidade Deportiva da Torre.

Billete para o Ibérico, a xogo para os Fillos

Non hai marxe de erro: a última xornada da Liga Galega de Fútbol Gaélico depara unha auténtica final para os Fillos de Breogán. O billete para o Torneo Ibérico que terá lugar na Coruña o vindeiro 26 de maio xógase entre Fillos, terceiros clasificados, e Herdeiros de Dhais. Quen gañe, terá unha praza garantida na Final mentres que quen perda terá que conformarse con xogar a copa Shield.

 

O partido dará comezo ás 14.30 na Cidade Deportiva da Torre

 

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply