Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

As Fillas e as Ártabras non paran

Chega Hugo mais a Liga Galega de Fútbol Gaélico non para. A pesar da borrasca mantéñense as citas futboleiras desta fin de semana, no que só xogarán os equipos femininos.

As Fillas viaxarán a Vigo para continuaren a súa traxectoria de vertixe. A falta de 3 xornadas e cunha distancia de 5 puntos sobre as segundas (cun partido menos), a vitoria número 12 fronte a Vigo, de se conseguir, poría as Fillas a só unha cita máis para facérense co campionato doméstico.

En fronte, as rapazas de Keltoi FG, un partido que na teoría podería parecer doado -as viguesas son últimas na táboa- pero que o horario, 10.15 no campo do ETEA, non é o máis propicio paras as xogadoras breoganeiras.

Con todo, as Fillas loitarán contra os elementos para pórense un paso máis preto da Liga Galega de Fútbol Gaélico, unha liga que ten tamén unha cita o sábado ás 15.00 horas na Cidade Deporitva da Torre, se Hugo o permite. A esa hora, as Ártabras sairán ao campo para sumaren a súa cuarta vitoria.

En fronte, as rapazas de Auriense, cuartas e cun equipo sempre complicado que hai unhas semanas puxeron nun forte compromiso ás Fillas de Breogán.

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply