Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Non hai quen poida con estas Fillas

Con estas Fillas non hai quen poida. As breoganeiras pasaron por riba de Pontevedra FG cun contundente 1-7 (10) 8-28 (52) nun partido que durou o que tardaron as Fillas en saír ao campo.

Pouco se pode xa dicir sobre o xogo das Fillas de Breogán. A súa superioridade nos pases a man, no xogo de combinación, nos tiros a paus e na velocidade das súas xogadores están convertendo as coruñesas en todo un equipo de lenda no gaélico galego.

11 vitorias noutros tantos partidos, case tres temporadas completas sen perder e unha diferenza de máis de 340 goles a favor neste curso así o avalan.

A vindeira cita no calendario será as rapazas de Keltoi FG.

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply