Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Os Ártabros, campións e invictos na Liga B

Os Ártabros finalizan invictos na segunda parte do campionato logo do empate do sábado na Estrada fronte a Braithreachas, o que os deixa con 15 puntos e campións da división de prata da Liga Galega de Fútbol Gaélico.

Os corvos dominaron o partido durante 55 minutos, o tempo que lles durou a gasolina aos 11 xogadores que estaban no campo. Co seu característico xogo a man e os tiros a paus dun acertado Juan Mejuto, os Ártabros controlaron o partido e foron ao descanso 4 arriba.

A pesar dun rápido gol dos estradenses que se achegaban no marcador, os Ártabros seguiron xogando as súas armas: calma nas transicións, pases a man e disparos a paus. Así, chegouse a recta final con 4 puntos de vantaxe até que 3 xogadas seguidas dos Braithreachas cambiaron todo e converteron o partido nunha lotaría.

Esa lotaría levou aos Ártabros a dispor dun penalti a pouco máis dun minuto para rematar o partido. Un gran disparo de Javi non foi suficiente grazas a unha espectacular parada do porteiro estradense. Cando o partido semellaba morrer, un pase rápido de Wences a Doc no saque de 45 e o acerto deste no tiro a paus puxo a igualada no marcador no último segundo.

Con esta vitoria, os Ártabros pechan a campaña co obxectivo cumprido: campións da Liga B por segunda vez na súa historia e invictos fronte aos seus rivais directos.

 

 

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply