Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Os Ártabros, campións, poñen fin á Liga B Galega de Fútbol Gaélico

Os Ártabros porán mañá o ramo á Liga B Galega de Fútbol Gaélico logoo de cumpriren sobradamente os obxectivos. Con 14 puntos e 7 victorias en 12 partidos, polo de agora só perderon contra os rivais da máxima categoría. E o sábado, fronte aos Braithreachas da Estrada, intentarán seguir coa boa xeira de resultados.

Estas 7 vitorias, todas elas fronte a rivais directos, serven para que os corvos das mariñas sexan, por segunda vez na súa historia, campións da Liga B nun ano que se presentaba difícil para o equipo: baixas destacábeis a comezo de temporada, xogadores en progresión que pouco tardaron en daren o salto ao primeiro equipo e falta de continuidade nos once por baixas ou lesións.

Con todo, o equipo adestrado por Sebas Pan progresou en canto ao xogo grazas á achega dos veteráns, que souberon imprimir calma cando así o precisaban os partidos, e ao pulmón dos novos, capitaneados por Nafa ou Diego.

O seguinte obxectivo será unha Copa Galega chea de novidades. Durante as vindeiras semanas xogaranse as eliminatorias previas en que os corvos da Mariña procurarán o seu pase á final a 4. Ademais, a estrea este ano os partidos de 9 fronte a 9: máis rapidez no xogo, máis espazos pero tamén máis fondo físico son necesarios.

Mais iso será á volta da Semana Santa. Antes, a cita o sábado a partir das 20.30 horas no Campo Manuel Regueiro.

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply