Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

As Fillas procurarán a súa vitoria número 11 fronte a Pontevedra FG

A vindeira estación das Fillas no tren directo á Liga Galega de Fútbol Gaélico será o domingo, a partir das 20.00, en Cotobade. Alí xogarán fronte as rapazas de Pontevedra FG na procura da súa undécima vitoria seguida.

As breoganeiras non queren sorpresas: Herdeiras de Dhais, máximas competidoras polo título, están a nivel competitivo moi alto esta temporada e aínda queda o enfrontamento directo coas lalinenses.

Por iso desprazarán un bo contixente para facer fronte a unhas sempre difíciles Pontevedra FG que, a pesar de non estaren na súa mellor temporada, non adoitan dar o partido por perdido.

Ademais do título ligueiro, as Fillas de Breogán procuran completar a súa terceira campaña consecutiva sen perder ningún partido en Liga.

A cita, no Campo das Extremas en Cotobade a partir das 20.00 horas o vindeiro domingo 18.

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply