Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Xornadas divulgativas de fútbol gaélico: proba o fútbol gaélico da man dos Fillos de Breogán!

Un dos nosos obxectivos como club é difundirmos no noso contorno aquilo que fai grande o fútbol gaélico: os valores da deportividade, da amizade, do compañeirismo, do respecto mais tamén o da competición. Esta será a base dun dos proxectos que comezamos a semana que vén e, posiblemente, dos que máis ilusión nos fai.

O vindeiro mércores 21 de marzo comezamos coas xornadas divulgativas de fútbol gaélico. De 8.50 h a 12.30, 240 rapazas e rapaces do CPR Plurilingüe Esclavas del Sagrado Corazón probarán o fútbol gaélico.

Agardamos poidamos continuar en vindeiras datas e sexa o cerne dunha Escola de Fútbol Gaélico Fillos de Breogán. Se tes interese e queres levar o fútbol gaélico ao teu centro de ensino, contacta connosco.

Proba o fútbol gaélico da man dos Fillos de Breogán!

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply