Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Nin Félix nin Auriense FG puideron coas Fillas e os Fillos

Dupla vitoria das Fillas e dos Fillos de Breogán na súa visita a Ourense, a pesar das numerosas baixas con que contaban ambos planteis e do temporal de chuvia e vento que acompañou na súa viaxe a terras ourensás aos breoganeiros.

Cun equipo cheo de baixas e con numerosos xogadores dos Ártabros, os Fillos de Breogán conseguiron unha importante vitoria fronte a Auriense FG. Os breoganeiros souberon formular un partido complicado a través do xogo a man e a calma nas transicións, así como a marcaxe persoal ás principais pezas dos ourensáns.

A pesar de non contar coa dianteira titular, a progresión de xogadores como Javi “Nafarroa” ou “Juli”, novidades neste temporada, e a sabedoría dos veteráns no equipo, como Dani Vaamonde, Anxo ou Iago, conduciron ao equipo a unha ampla vitoria, 2-7 (13) – 4-20 (32), que demostrou a superioridade blanquiazul no campo e a seriedade de comezo a fin na formulación.

As Fillas, máis preto da Liga

Máis complicado foi o partido das Fillas de Breogán en Ourense: con só 6 xogadoras do primeiro plantel, as breoganeiras tiraron de fondo de armario para conseguiren unha vitoria moi traballada e sufrida.

En fronte, unhas ourensás terceiras na táboa que o puxeron moi difícil até o final: Auriense FG 5-7 (22) Fillas 4-14 (26).

Con esta vitoria, as Fillas dan un paso máis para a súa terceira liga consecutiva e suman xa 10 vitorias consecutivas esta temporada.

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply