Deprecated: __autoload() is deprecated, use spl_autoload_register() instead in /customers/0/2/0/fillosdebreogan.com/httpd.www/wp-includes/compat.php on line 502 Deprecated: Function create_function() is deprecated in /customers/0/2/0/fillosdebreogan.com/httpd.www/wp-includes/pomo/translations.php on line 208 Fillos de Breogán » Próxima estación: Ourense

Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Próxima estación: Ourense

Ourense será a vindeira estación das Fillas e dos Fillos de Breogán na Liga Galega de Fútbol Gaélico para se enfrontaren a Auriense FG no Campo Universitario.

As Fillas procurarán seguir co seu camiño triunfal nesta temporada, no que, a pesar das múltiplas lesións que arrastran desde comezo de temporada, non cederon aínda ningún punto logo de 9 xornadas. En fronte, as xogadoras de Auriense FG, terceiras na táboa clasificatoria e cunha progresión enorme.

O partido comezará a partir das 17:30 horas.

Pola súa banda, os Fillos de Breogán non poden perder o tren do Torneo Ibérico de Fútbol Gaélico. E isto pasa por gañar aos seus rivais directos, Auriense e Herdeiros de Dhais e quedar terceiro na Liga Galega. Os ourensáns están a só dous puntos dos breoganeiros e dos lalinenses, polo que darán todo o domingo para empatar na clasificación.

O partido será ás 16.15 horas.

Leave a Reply