Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Os Ártabros, campións da Liga B de Fútbol Gaélico

Os Ártabros alzáronse, por segunda vez na súa historia, campións da Liga B de fútbol gaélico grazas á súa sufrida vitoria de onte fronte a Cambados. Con estes 2 puntos, os Ártabros colócanse con 14 á fronte da clasificación e avantaxan en 4 aos seus inmediatos perseguidores, os Braithreachas, vindeiro rival dos corvos das Mariñas na última xornada da competición regular.

A pesar do resultado final, 24-18, o partido non caeu do bando ártabro até os minutos finais. Os Cambadeses saben ao que xogan e demostrárono durante o partido: solidez defensiva, contundencia e xogo directo. Con estas armas, puxéronse moi axiña por diante e mantiveron esa distancia até o final da primeira parte, cun cativo 5-8 para os cambadeses.

Á volta do descanso, os Ártabros quixeron recuperar o partido pero todo o que se gañaba no ataque perdíase nunha defensa descolocada. Así, a só 10 minutos para o final do partido, os cambadeses abrían distancias no marcador até os 5 puntos, 17-12.

Con todo, Cambados comezou a sufrir a falta de cambios e foron perdendo uns folgos que aproveitaron os Ártabros para pórse por diante do marcador con 2 goles. A partir deste momento, o partido foi dos Ártabros, que acabaron por abrir fenda no marcador até o 24-18 final.

Nunha temporada difícil para os Ártabros e para o club en xeral, o compromiso dos xogadores veteráns e as novas incorporacións teñen neste título unha grande e tamén merecida recompensa.

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply