Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Partido decisivo dos Ártabros fronte a Cambados FG

Partido decisivo este fin de semana no Cidade Deportivo da Torre: os Ártabros de Oleiros están a só un paso de certificaren unha grande temporada e quedaren primeiros no grupo B da Liga Galega de Fútbol Gaélico.

O rival desta fin de semana promete un partido igualado. A pesar de estaren últimos na táboa clasificatoria, Cambados FG está a mostrar unha grande progresión grazas á rodaxe que dan os partidos. Hai só dúas semanas, case dan a sorpresa na súa visita á Estrada fronte aos Braithreachas.

Unha derrota dos Ártabros implicaría ir dentro de dúas semanas a xogárense a primeira posición fronte aos segundos, os Braithreachas, unha situación que se intenta evitar a toda costa pois sería xogarse unha grande temporada a só un partido. Por tanto, os Ártabros sairán con todo para poder gozar do merecido premio á temporada.

Xa hai sorteo para a Copa Galega

Onte déronse a coñecer os rivais dos nosos equipos na Copa Galega de Fútbol Gaélico. As Fillas xogarán o vindeiro 28 de abril fronte a Keltoi e as Ártabras teñen como rivais a Auriense. Ambos partidos xogaranse na casa.

Pola súa banda, os Fillos e os Ártabros saltaron a fase previa grazas ao sorteo. Os partidos de cuartos serán tamén o 28 de abril fronte a Cambados como visitantes os Fillos e na casa fronte a Braithreachas os Ártabros.

O obxectivo do clube será procurar meter catro equipos na fase final, que se desputará o 5/12 de maio.

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply