Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Duras derrotas de Fillos e das Ártabras fronte aos Irmandinhos

Os partidos dos Fillos de Breogán e das Ártabras este mediodía na Cidade Deportiva da Torre saldáronse con dúas duras derrotas ante os equipos masculino e feminino dos Irmandinhos da Estrada que souberon xogar as súas cartas.

Os Fillos de Breogán souberon plantarlle cara durante a primeira parte aos líderes e vixentes campións da Liga Galega de Fútbol Gaélico, os Irmandinhos. Ben plantados estes no terreo de xogo e cunha filosofía clara, saíron ao campo da Torre dispostos a xogar o seu partido: serios, xogo a man e tiro a paus.

Con esas tres armas, axiña se puxeron diante do maarcador. Con todo, os Fillos tiraron de oficio e de ganas para pouco a pouco poder remontar o partido e pór as cousas difíciles aos líderes. Ao descanso, un 10-14 semellaba unha distancia curta e posíbel de acadar para os breoganeiros.

Con todo, o espellismo durou o que o descanso. En apensas dous minutos, dous goles e un punto fixeron que o marcador se distanciase até os 11 puntos. Foi neste momento cando os Fillos baixaron os brazos e os Irmandinhos xogaron o seu xogo, efectivo e dinámico, para durmir o partido e ir facendo a distancia maior.

Ao final, un contundente 14-36 foi moito castigo para os Fillos de Breogán, que se xogarán a clasificación para o Ibérico nas vindeiras xornadas, contra Auriense e Herdeiros de Dhais.

As Ártabras tiveron perto a vitoria ante as Irmandinhas

Un grande partido das Ártabras non foi suficiente para derrotar ás Irmandinhas que tiraron de oficio nos últimos minutos para conseguiren a vitoria.

Nun encontro igualadado, tres goles nos últimos minutos déronlle a vitoria ás estradenses aínda que ben podería caer para as Ártabras.

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply