Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Os Fillos e as Ártabras reciben na Torre aos Irmandinhos da Estrada

Unhas Irmandinhas en horas baixas e uns todopoderosos Irmandinhos serán os rivais este sábado das Ártabras e dos Fillos de Breogán, que desputarán ambos os partidos a partir das 14.30 na Cidade Deportiva da Torre.

Os Fillos de Breogán reciben aos líderes da clasificación, uns fortes Irmandinhos que virán con todo para achegárense ao segundo título consecutivo da Liga Galega de Fútbol Gaélico. En fronte, uns Fillos con notabeis baixas e que tirarán de Ártabros para completaren a convoctoria.

Malia todo, será un grande partido onde os breoganeiros darán todo o que teñen pois está en xogo a súa clasificación para a Final do Torneo Ibérico de Fútbol Gaélico, á que se clasifican os tres mellores equipos galegos.

Pola súa banda, as Ártabras recibirán ás Irmandinhas co fin de refrendar a grande vitoria da semana pasada en Vigo. En fronte, unhas Irmandinhas a que xa gañaron na primeira volta e ás que avantaxan con dous puntos na clasificación.

Este fin de semana descansan os Ártabros e mais as Filla de Breogán.

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply