Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Estrela Vermelha e Keltoi, rivais esta fin de semana

Logo do descanso entroideiro, volve a competición á Liga Galega de Fútbol Gaélico con pleno de partidos: mentres as Fillas e os Fillos reciben ao medio día a Estrela Vermelha no Campo da Torre, máis madrugadores serán as Ártabras e os Ártabros que viaxarán a Vigo para se enfrontaren a Keltoi a partir das 10.30.

As Fillas pretenden seguir coa marcha triunfal na competición, na que acumulan máis de dous anos sen unha derrota. Mais o enfrontamento desta semana non será nada doado: cunha grande xeira de resultados, as Estrela Vermelha son segundas na clasificación con todo merecemento. As compostelás virán á Coruña a sorprender ás breoganeiras e apuraren as opcións de se faceren co título final.

Pola súa banda, os Fillos de Breogán comezan esta semana a segunda volta do campionato contra o eterno aspirante ao título, Estrela Vermelha, un partido duro co que os breoganeiros pretenden encherse de moral para a dura recta final do campionato.

Os partidos serán, como sempre, na Cidade Deportiva da Torre, a partir das 14.30.

Viaxe a Vigo dos Ártabros

Pola súa banda, as Ártabras e os Ártabros viaxan este sábado a Vigo, onde desputarán dous duros partidos fronte a Keltoi. Os Ártabros queren conseguir unha vitoria que os distancie dos seus perseguidores e que os achegue máis ao obxectivo final, a vitoria da segunda división. Neste momento teñen unha vantaxe de 2 vitorias fronte aos seus perseguidores, os Braithreachas da Estrada, mentres os vigueses tentarán apurar as súas opcións.

As Ártabras, pola súa banda, teñen en Keltoi unhas rivais da súa liga e tentarán vingar a derrota que sufriron na primeira volta.

Os encontros serán a partir das 10.30.

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply