Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Vitoria das Fillas e dos Fillos nos seus enfrontamentos fronte Ártabras e Braithreachas

As Fillas e os Fillos de Breogán gañaron os seus respectivos enfrontamentos esta fin de semana na Liga Galega de Fútbol Gaélico fronte ás Ártabras e Braithreachas da Estrada, respectivamente.

A pesar da vitoria final, ambos os partidos foron complicados para os breoganeiros. No partido do Campo da Torre do medio día deste sábado, ás Ártabras foron un rival duro ante unhas Fillas mermadas polas diferentes baixas por lesión que acumulan.

Con todo, as Fillas de Breogán continúan na senda da vitoria, con 8 esta temporada. O resultado final, 1-12 (15) das Ártabras fronte a 4-24 (36) das Fillas.

Pola súa banda, os Fillos desprazáronse á Estrada para enfrontáronse aos sempre duros Braithreachas. O filial dos Irmandinhos foron un rival duro que puxo a proba a uns Fillos con moitas caras novas e algunha que outra ausencia destacada.

O partido rematou cun marcador máis axustado do agardado, 2-5 (11) para os estradenses fronte a 2-14 (20) dos breoganeiros, que demostra o desputado que foi o encontro na Estrada.

 

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply