Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Duros rivais para os Fillos de Breogán na volta á competición

Despois do descanso polo Nadal, volve a competición ligueira para os Fillos de Breogán con tres partidos cheos de intensidade: as Fillas e os Fillos visitarán a Estrada e os Ártabros viaxarán á Illa de Arousa coa vista posta na segunda parte da liga.

Un non vai máis é o que xogarán a tarde do sábado os Fillos de Breogán na comarca de Tabeirós fronte ao líder e vixente campión da Liga Galega de Fútbol Gaélico, os Irmandinhos. Non vale a derrota, pois afastaría os breoganeiros de toda aspiración ao título final antes de se separar a liga en dúas categorías para afrontar a parte final da temporada.

A cita será Campo Manuel Regueiro da Estrada a partir das 18.30, como preámbulo ao partido das líderes indiscutíbeis, as Fillas de Breogán, que tentarán seguir coa súa marcha triunfal ante unhas descoñecidas Irmandinhas, sextas este ano na táboa clasificatoria.

Con todo, as breoganeiras afrontan o encontro cun equipo xusto logo das lesións de Kamy e da recente operación de Patri que a afastará unha longa temporada dos terreos de xogo.

O encontro será na Estrada a partir das 20.00 horas.

Ártabros á conquista da Illa

Pola súa banda, os Ártabros porán rumbo á Illa de Arousa nun partido que ten máis de futuro que de presente: os de Dorna FG, con dúas vitorias, queren facerse coa vitoria para colocárense por diante dos Ártabros, con tres, coa vista posta na segunda parte do torneo ligueiro.

Con todo, os Ártabros queren retomar as boas sensacións perdidas nos partidos fronte a Herdeiros e Estrela Vermelha e, malia a hora do partido, ás 20.30 horas, irán con ganas de facérense cos dous puntos.

A cita será no Campo da Bouza da Illa de Arousa a partir das 20.30 horas

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply