Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Os Fillos seguen a senda da vitoria mentres os equipos Ártabros non poden con Estrela Vermelha

Moi doada a saída dos Fillos de Breogán á Illa de Arousa para se enfrontaren a Dorna cun marcador que en ningún momento perigou para os breoganeiros. A pesar das baixas e de contar cos efectivos xustos, os Fillos impuxeron a súa superioridade desde o minuto 1 nun encontro que non tivo historia. O resultado final así o demostra: Fillos 9-24 (51) Dorna 1-6 (9).

Con esta vitoria, os Fillos colócanse terceiros na Liga Galega de Fútbol Gaélico, xusto detrás dos rivais do sábado dos Ártabros. Estrela Vermelha demostrou no Cidade Deportiva da Torre por que foi campión dous anos seguidos e por que segue a ser un firme candidato ao título final. O equipo compostelán pode mudar de caras e ter baixas importantes, pero saben moi ben a que xogan e desenvolver o seu xogo.

Así, de comezo a fin, os composteláns foron dominadores do xogo, aínda que os Ártabros non lle perderon a cara ao partido en ningún momento. Só ao final, cunha tarxeta negra e os cambios na defensa propiciaron que Estrela Vermelha abrise unha distancia contundente no marcador: Artabros 7 – Estrela Vermelha 35.

Pola súa banda, as Ártabras deron a cara contra unhas potentes Estrela Vermelha, un equipo que nos últimos anos está medrando até converterse nunhas claras aspirantes a pórlles as cousas difíciles ás Fillas polo título final. Aínda así, as Ártabras loitaron todo o partido e conseguiron marcarlles máis de vinte puntos, algo moi difícil tratándose das compostelas. O resultado final, Ártabras 25 Estrela Vermelha 45.

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply