Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Vitorias breoganeiras e derrotas ártabras na xornada

A xornada de Liga Galego de Fútbol Gaélico deixou dúas vitorias e dúas derrotas para o club Fillos de Breogán. Os Fillos de Breogán retomaron as boas sensacións que se perderan nos enfrontamentos fronte a Herdeiros e Estrela Vermelha cunha contundente vitoria ante un Auriense FG con sensibles Baixas.

A pesar do marcador final, 43-10, o once ourensán ten moi claro o seu xogo e sempre é un equipo difícil de xogar. Mais desta vez os atacantes breoganeiros estiveron acertados e souberon xogar a baza da súa velocidade.

Con esta vitoria, os Fillos mantéñense 4 na clasificación e volven ao camiño das vitorias, unha senda da que as Fillas non se separan desde hai anos, e semella que este van completar outro ano sen derrotas. Onte recibiran as cuartas na clasificación e responderon cun contundente 56 – 13 que demostra a superioridade de comezo a fin das rapazas de Dani Vaamonde, a pesar de contar con 3 sensibles baixas por lesión como son Kamy, Patri e Eva.

Ao remate do partido, as breoganeiras recibiron a medalla que as acreditaba como segundas de Europa, conseguido no Europeo de Maastrich de hai un mes.

Os Ártabros regresan con dúas derrotas do Deza

A saída dos equipos dos Ártabros esta fin de semana prevíase difícil e así foi. Con temperaturas que rozaban o 0, ambos partidos foron semellantes, onde a superioridade do rival se demostrou desde o primeiro momento e no marcador final: mentres as Ártabras perderon 43-11, os Ártabros caeron por 24-3 nun mal partido en que os corvos tardaron en entrar.
Ficha da semana

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply