Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Sorte dispar dos Ártabros nas súas saídas pontevedresas

Sufrida vitoria dos Ártabros en Cambados e derrota dunhas grandes Ártabras en progresión fronte a Pontevedra FG na 8 xornada da Liga Galega de Fútbol Gaélico.

O sábado, os Ártabros souberon sufrir e loitar en Cambados con baixas significativas (11 xogadores de campo) e con algún xogador tocado por lesión. Aínda así, os corvos plantaron cara ante un Cambados con máis ímpeto que acerto cara á portería rival. O partido xogouse ao ritmo que marcaron os Ártabros, constantes no pase a mans e sen presas en chegar á portería rival. Co saque en curto, comezaron as súas xogadas desde atrás co criterio que dan a veteranía de Martín, Doc ou Mejuto na media. O bloque non perdía en ningún momento a posición e soubo manter a dianteira rival controlada, que só soubo acertar en tres tiros a paus.

O marcador ao descanso falaba da intensidade das defensas e a seguridade dos Ártabros, con 0-3 fronte a 0 – 6. Na segunda metade, Cambados saíu disposto a revolucionar o encontro: 1 gol e 2 tiros a paus reverteron o marcador para os 11 cambadés (8-6). Con todo, e con máis de 20 minutos por diante, os Ártabros non perderon a calma e seguiron confiando nas súas posibilidades. A entrega fixo o resto: punto a punto, retomaron a vantaxe no marcador que non deixou de medrar até o final.

Dúas tarxetas negras, unha para os cambadeses e outra para os Ártabros, marcaron o final do partido, cun Cambados envorcado na área ártabra con máis corazón que acerto.

A vitoria final, 1-7 (10) / 0-12 (12), serve para que os corvos continúen coa aspiración de se meter na primeira división ao remate do torneo apertura para o que sería preciso dúas vitorias nos catro partidos que restan.

Derrota das Ártabras fronte a Pontevedra FG


As Ártabras non puideron traer os dos puntos da súa visita a Pontevedra FG. A pesar da franca progresión do partido, a experiencia das pontevedras soubose impoñer ante unhas Ártabras que nunca lle perderon a cara ao partido.

O resultado final foi Pontevedra 4-16 (28) Artabras 3-11 (20).

Os Ártabros descansan na vindeira xornada: a seguinte parada será en Lalín o vindeiro 2 de decembro

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply