Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Lalin e Ourense, paradas dos nosos equipos esta fin de semana

A sétima xornada da Liga Galega de Fútbol Gaélico implica un duplo enfrontamento lonxe da Coruña: mentres as Fillas e os Fillos viaxarán o sábado a Lalín para se enfrontaren aos Herdeiros de Dhais, os Ártabros e as Ártabras continuarán o domingo a A-53 camiño a Ourense, dous dos desprazamentos máis afastados da nosa competición.

As Fillas abrirán a xornada o sábado ás 20:30 fronte as sempre competitivas Herdeiras de Dhais, terceiras na competición e aínda sen coñeceren a derrota na presente campaña. Unha hora despois, ás 21:30, os Fillos enfrontaranse contra uns lalinenses que se xogan grande parte das aspiracións de conseguir unha praza na primeira división na segunda volta, facendo máis duro un partido xa de por si complicado dadas as baixas por sanción na dianteira e a dificultade de formar un once por mor do desprazamento.

Pola súa banda, o domingo os Ártabros terán en Ourense, a partir das 16:30, un dos rivais directos para manter a categoría. Ous ourensáns están transmitindo boas sensacións, con tres vitorias que os colocan cuartos na clasificación, seguindo á eterna terna de Irmandinhos, Estrela Vermelha e Fillos de Breogán. Como no caso do primeiro equipo, os Ártabros chegarán ao partido coas dificultades propias do desprazamento. Unha hora despois, as Ártabras procurarán a súa segunda vitoria da liga fronte a unhas rivais que só están separadas por un punto.

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply