Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Dúas grandes vitorias dos Fillos e das Fillas ante Cambados e Pontevedra

A Cidade Deportiva da Torre foi testemuña hoxe de dúas vitorias dos breoganeiros máis doadas do agardado ante Cambados e Pontevedra FG.

Os primeiros en abriren a xornada foron os Fillos de Breogán, que souberon sobreporse ás baixas por sanción da súa dianteira titular e por lesión do seu porteiro Caolan. Con só un cambio para afrontar o partido, os Fillos saíron ao terreo coa calma como mellor compañeira, sabedores de que a súa superioridade acabaría por aparecer. E así foi: nos primeiros minutos, un gol de Víctor o acerto a paus de Liam e Vaamonde puxeron un 7-1 no marcador que serviu para que os Fillos especulasen até o final da primeira parte na que chegaron cun claro 3-12 / 0-4.

Moi diferente foi a segunda parte: un Cambados con pouco que perder saíu enchufado ao terreo de xogo. A iso axudaron dous erros defensivos dos Fillos que foron aproveitados con dous goles, e máis que puideron ser se Bechler, hoxe porteiro, non detivese un penalti. Con todo, os Fillos seguiron mantendo a calma e conseguiron facerse coa segunda parte por 2 puntos até o 5-20 / 3-7 final.

As Fillas continúan imparables

Máis doada foi a vitoria das Fillas fronte ás noutrora fortes Pontevedra FG. Un contundente 11-25(58) / 3-4(13) final demostra a contundencia coa que as breoganeiras superan os partidos a pesar das baixas coas que chegaron ao partido.

Fillas impuxo desde un principio unha forte presión ao saque de Pontevedra, que supuxo que se despegasen no marcador xa nos primeiros compases. Só un par de goles na metade da primeira parte achegaron as pontevedresas ásas coruñesas, pero só foi un espellismo.

A segunda metade continuou a tónica. Alta presión e puntuacion fácil querematou de romper un partido a favor das Fillas.

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply