Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Os Fillos de Breogán reciben este fin de semana a Cambados e a Pontevedra FG

A Cidade Deportiva da Torre acolle este sábado a partir das 14.00 horas un duplo enfrontamento Norte-Sul: mentres os Fillos de Breogán reciben a Cambados FG, as Fillas serán as locais ante unhas Pontevedra FG en horas baixas.

Os primeiros en abriren a xornada serán os Fillos de Breogán, que procurarán atopar as boas sensacións que se perderon na primeira derrota da temporada fronte a Estrela Vermelha. O equipo contará cun plantel cheo de xogadores do equipo B co fin de dar descanso aos máis habituais e premiar o papel que están a desenvolver os Ártabros nesta Liga.

En fronte, o once de Cambados FG un equipo forte e duro que a pesar de contar os seus dous partidos nesta liga con senllas derrotas, viaxará á Coruña con ganas de poñelo difícil aos breoganeiros.

As Fillas, a continuaren coas súa racha ligueira

Tres cuartos de hora despois, ás 14.45, as Fillas de Breogán saltarán ao terreo de xogo para continuaren na súa senda cara ao triunfo ligueiro final. Lonxe queda xa o seu subcampionato europeo e seren a sensación do torneo de Maastricht.

En fronte un vello coñecido que a temporada pasada loitou man a man coas breoganeiras polo título ligueiro final, Pontevedra FG, mais lonxe do seu mellor momento.

CAMBADOS

PONTEVEDRA

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply