Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Os Ártabros lévanse unha vitoria moi traballada ante os Braithreachas

Nun partido máis efectivo que vistoso, os Ártabros conseguiron a vitoria fronte a Braithreachas por unha marxe moi estreita: 2-11 (17) fronte a 0-15 dos estradenses.

Non foi o mellor partido dos Ártabros nesta temporada, que contaban con tres grandes baixas na media. Con todo, a paciencia foi a nota dominante dun partido que se decidiu por detalles e nos últimos minutos.

O encontro comezou cuns Braithreachas moi ben poscionados no terreo e sabendo ao que xogar: efectividade no pase e no tiro a paus. Pola súa banda, os Ártabros non atoparon o seu lugar até ben pasados os minutos. Os estradenses foron abrindo distancia no marcador grazas ás repetidas faltas que souberon buscar: dos 8 puntos que conseguiron na primeira parte, 1 só foi en xogo. Mentres, os Ártabros seguiron ao partido grazas a dous goles que foron a única bagaxe en todo o primeiro tempo pois ao descanso mandaban os visitantes por 6-8.

A segunda parte foi distinta. Os Ártabros saíron máis enchufados ao terreo de xogo e axiña conseguiron a igualada no marcador. A partir dese momento comezou un partido de ida e volta onde os corvos das mariñas se sentiron moi cómodos pois souberon darlle a tranquilidade necesaria para calmar o partido no medio do campo e probar sorte co tiro a paus grazas ás repetidas faltas dos estrandenses.

A igualada seguía no marcador a falta de só 3 minutos, onde os Ártabros tiraron de veteranía: dous tiros a paus consecutivos abriron unha fenda do marcador que, ao final, sería insalvábel para os estradenses.

Con esta vitoria, os Ártabros descansan até o 11 de novembro en que visitarán aos ourensáns de Auriense FG no medio da táboa clasificatoria.

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply