Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Volve a competición ligueira cun apaixonante Ártabros – Braithreachas

Logo da fin de semana pasada na que os Fillos de Breogán se desprazaron a Maastricht, volve a competición ligueira á Cidade Deportiva da Torre e faino cun apaixonante Ártabros – Braithreachas, os filiais dos dous conxuntos galegos que participaron na máxima competición europea.

Os Ártabros chegan ao partido con algunha baixa no seu once tipo froito do cansazo da viaxe europea, mais co xogo afinado tras a última vitoria fronte a Keltoi FG, onde os corvos das Mariñas amosaron solidez defensiva e maior precisión no xogo de mans.

En fronte, un rival sempre difícil que este ano xa venceu a nada menos que ao cuarto da pasada temporada, os Herdeiros de Dhais, e puxeron en apuros aos Estrela Vermelha, que só foi quen de gañar por dous puntos aos estradenses.

A cita será o sábado a partir das 14:30 horas na Cidade Deportiva da Torre.

Os Fillas e as Fillas descansan até a vindeira xornada

Até a vindeira semana, as Fillas e os Fillos descansan en que as subcampioas de Europa viaxarán a Pontevedra para enfrontárense á outrora fortes Pontevedra FG, e os Fillos, para volver á senda da vitoria fronte a Cambados FG.

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply