Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

As Fillas de Breogán, subcampioas de Europa tras un grande torneo en Maastricht

As Fillas de Breogán proclamáronse subcampioas de Europa tras unha grande European Champions Cup que tivo lugar este fin de semana en Maastricht.

A final foi un partido intenso que puido caer para calquera das contendentes. De feito, se ao descanso se chegaba cunha ventaxe de 2 puntos para Belium GAA, a falta de cinco minutos para o remate, o marcador indicaba un empate entre as galegas e as belgas. Con todo, o cansazo propios da viaxe e da competición, cun campo máis grande que o habitual nos partidos da liga galega, e o oficio das xogadores belgas, cun plantel cheo de irlandesas, decantaron o partido para Bélxica, que repiten por décima vez consecutiva como campioas de Europa.

Até a final, a competición foi impecable por parte das Fillas. No grupo pasaron por enriba de partidos tan potentes no papel como París Gaels, Múnic GAA e Holanda cos seguintes tanteos:

  • Fillas de Breogán 3-4 (13) Paris Gales GAA 0-1 (1)
  • Fillas de Breogán 1-8 (11) Múnic GAA 0-2 (2)
  • Fillas de Breogán 5-13 (28) Holanda GAA 1-1 (4)

As rivais da semifinais foron as bretoas de Rennes GAA, o equipo campión do torneo francés na pasada temporada. E demostraron no campo o porque, cunha contundencia defensiva e cun grande movemento do balón que fixo que o partido se decantase nos últimos minutos por un Fillas 1-6 (9) Rennes GAA 1-4 (7).

 

A pesar de non se faceren co máximo título europeo, as pupilas de Daniel Vaamonde demostraron un grande nivel competitivo e asombraron as súas rivais e organizadores polo nivel e por mesmo por poder gañar a final ante un equipo como o de Bélxica, que leva unha década dominando o panorama do fútbol gaélico feminino en Europa.

Discreta actuación dos Fillos de Breogán

Pola súa parte, os Fillos de Breogán non puideron manter o nivel das Fillas e conseguiron o posto 11 do campionato Sénior. Con todo, os partidos dos Fillos decantáronse para os rivais por detalles, especialmente fronte a Viena GAA e os Irmandinhos da Estrada, onde diversos paus impediron a vitoria aos coruñeses.

Os resultados dos Fillos foron:

Fillos 0-5 (5) / Rennes GAA 1-9 (12)

Fillos 2-1 (7) / Viena Gaels 1-7 (10)

Fillos Irmandinhos

A European Champions Cup 2017 é a máxima competición da rexión europea de clubes e supón un grande escaparate para dar a coñecer o que se está a facer no fútbol gaélico en Galicia, cunha competición regular e con máis de 10 equipos, un feito sen parangón en toda Europa e que comezou hai 7 anos coa fundación dos Fillos de Breogán.

Até 30 xogadores, entre homes e mulleres, formaron a expedición breoganeira, que partiu da Coruña o venres a primeira hora. Este desprazamento supuxo un esforzo de grandes magnitudes para un plantel amateur como son os Fillos de Breogán que, con todo, conseguiron implicar até 30 persoas para poder competir.

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply