Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Os Fillos de Breogán, á conquista de Europa

Dous planteis dos Fillos de Breogán desprazaranse este venres á cidade de Maastricht, onde terá lugar ao longo do sábado a European Champions Cup 2017, a máxima competición europea que reunirá na cidade holandesa a clubes procedentes de toda Europa.

Até 30 xogadores, entre homes e mulleres, forman a expedición breoganeira, que partirá da Coruña este venres a primeira hora.

As Fillas de Breogán quedaron encadradas no grupo A e mediranse fronte a Holanda, Múnic e Paris coas que procurará o pase para desputar o título final. No grupo B estarán Béxica, Renns, Berlín e un combinado das Imandinhas da Estrada e Madrid.

Pola súa banda, o cadro masculino está formado por catro grupos e 12 equipos. No grupo 3 Fillos terá como riváis a Rennes e Viena, e o cadro está completo por Luxemburgo, Irmandinhos da Estrada e Jersey no grupo 1, París, Berlín e Ámsterdam no grupo 2 e Madrid, Bélxica e Varsovia no grupo 4.

A European Champions Cup 2017 é a máxima competición da rexión europea de clubes e supón un grande escaparate para dar a coñecer o que se está a facer no fútbol gaélico en Galicia, cunha competición regular e con máis de 10 equipos, un feito sen parangón en toda Europa e que comezou hai 7 anos coa fundación dos Fillos de Breogán

Este desprazamento supón un esforzo de grandes magnitudes para un plantel amateur como son os Fillos de Breogán que, con todo, conseguiron implicar até 30 persoas para poder competir dignamente, en ambas categorías contra rivais da máxima entidade.

 

Plantel Feminino

  1. Eva
  2. Vero
  3. R2
  4. Oli
  5. Mery
  6. Ruth
  7. Patri
  8. Laura
  9. Tonneti
  10. Albilla
  11. Kamy
  12. Carmen
  13. Alba Au

Adestradores: Dani Vaamonde e Pedriño

Plantel masculino

  1. Anxo
  2. Nafarroa
  3. Iván
  4. Iago
  5. Carlos
  6. Alberto
  7. Bruno
  8. Bechler
  9. Víctor
  10. Doc
  11. Liam
  12. Fariñas
  13. Vaamonde
  14. Martín
  15. Castaño
  16. Julián
  17. Diego Garcia

Adestrador: Pedriño

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply