Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Sorte dispar para os Ártabros fronte a Keltoi: vitoria masculina fronte a derrota feminina

O duplo enfrontamento dos Ártabros fronte aos Keltoi FG na Cidade Deportiva da Torre saldouse con sorte dispar: fronte a unha cómoda vitoria masculina por 24-12, as Ártabras perderon no último minuto por 31-32.

Os primeiros en abriren a xornada foron os Ártabros, nun partido a priori igualado contra os vigueses de Keltoi. Cunha formación xusta en efectivos, os Ártabros saíron ao campo dispostos a xogar o seu partido: xogo a man, defensa ben posicionada e transicións curtas para procuraren o tiro a paus e a contundencia defensiva. O plan funcionou os primeiros trinta minutos de partido, cun marcador de 0-7 fronte a 0-4 que auguraba unha segunda parte cómoda para os corvos.

A segunda parte non comezou como se agardaba: dous erros defensivos saldáronse con dous goles en contra e cun 7-10 no marcador para os visitantes que obrigou aos Ártabros a concentrárense. Con todo, non perderon o plan inicial: xogo tranquilo, pases a mans e marear o equipo rival con transicións longas. O resultado non se fixo agardar, con 3 goles, un deles de penalti, o marcador foi pouco a pouco decantándose para os Ártabros até o final 3-15 (24) 2-6 (12).

A vitoria dos Ártabros confirma as boas sensacións que amosaron no último partido contra os Irmandinhos e fan marcar o obxectivo en quedaren o máis arriba posíbel para afrontar a segunda volta na primeira división.

As Ártabras non puideron derrotar ás viguesas

A cruz da xornada dérona desta vez as Ártabras, que non puideron confirmar as boas sensacións da pasada semana e caeron derrotadas fronte as viguesas de Keltoi FG por un axustadísimo 31-32.

A pesar de manteren vantaxe durante boa parte do partido, 3 goles das viguesas ao final déronlle a volta ao marcador para gañaren por só un punto.

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply