Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

As Fillas e Fillos, a pola vitoria fronte a sempre complicada Estrela Vermelha

A nova xornada da Liga Galega de Fútbol Gaélico depara un sempre atractivo duelo Fillos de Breogán – Estrela Vermelha, que se desputará nas modalidades masculina e feminina o domingo a partir das 18.15 no Campo das Cancelas, Compostela.

O partido fronte os estreleiros supón unha das principais probas para o equipo breoganeiro neste comezo de temporada e marcará a dinámica dunha temporada chea de dúbidas debido á fonda renovación do plantel. Con todo, o bo comezo de temporada, con dúas vitorias consecutivas, convidan á esperanza na visita aos composteláns.

Pola súa banda, as Fillas de Breogán chegan a esta xornada líderes destacadas tras dúas xornadas, cunha diferenza de máis 94 goles e tentarán conseguir a terceira vitoria consecutiva nesta temporada fronte unhas Estrela Vermelha que veñen de perder en Lalín.

Os Ártabros, este sábado na Torre

A xornada comezará o sábado ás 14.00 horas no Campo da Torre co partido entre os Ártabros de Oleiros e Keltoi de Vigo, onde os corvos das Mariñas tentarán conseguir a primeira vitoria da temporada ante un rival da súa liga. Con todo, os vigueses non porán as cousas doadas, como demostraron no seu enfrontamento de hai dúas semanas fronte aos Fillos de Breogán e na semana anterior fronte aos Irmandinhos da Estrada.

Pola súa banda, as Ártabras recibirán ás viguesas a partir das 14.45 coas que tentarán seguir coa boa racha comezada hai dúas semanas coa sorprendente e merecida vitoria fronte as Irmandinhas da Estrada.

Ficha da fin de semana

Ártabros de Oleiros – Keltoi FG (Vigo)
Partido correspondente á cuarta xornada da Liga Galega de Fútbol Gaélico
Masculino: sábado 14 de outubro, 14:00 horas
Feminino: sábado 14 de outubro, 14:45 horas
Cidade Deportiva da Torre, A Coruña

Estrela Vermelha – Fillas de Breogán
Partido correspondente á cuarta xornada da Liga Galega de Fútbol Gaélico.
Masculino: domingo 15 de outubro, 18:15 horas
Feminino: domingo 15 de outubro, 19.15 horas
Campo das Cancelas. Santiago de Compostela

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply