Deprecated: __autoload() is deprecated, use spl_autoload_register() instead in /customers/0/2/0/fillosdebreogan.com/httpd.www/wp-includes/compat.php on line 502 Deprecated: Function create_function() is deprecated in /customers/0/2/0/fillosdebreogan.com/httpd.www/wp-includes/pomo/translations.php on line 208 Fillos de Breogán » Dupla vitoria dos Fillos e das Fillas ante Keltoi

Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Dupla vitoria dos Fillos e das Fillas ante Keltoi

Os Fillos e as Fillas de Breogán gañaron os partidos deste mediodía na Cidade Deportiva da Torre fronte a Keltoi de Vigo cos resultados seguintes:

  • Fillas 13-27 (66) Keltoi 0-5 (5)
  • Fillos 7-13 (34) Keltoi 1-3

As Fillas comezan a liga imparables e suman xa dúas vitorias. As breoganeiras saíron enchufadas desde o primeiro minuto coa intención de solucionar o partido pola vía rápida. E abofé que o fixeron: xa ao descanso a diferenza no marcador superaba os 30 puntos.

Na segunda parte, co marcador a favor, as rapazas que dirixe Dani Vaamonde aproveitaron para probar o tiro a paus e ensaiar novas xogadas.

Vitoria traballada de Fillos

Moito máis complicado foi o partido dos Fillos de Breogán ante un Keltoi ben armado en defensa. O encontro comezou cun ritmo lento cos vigueses agardando aos Fillos no seu campo.

Con todo, a superioridade dos Fillos acabou por se impor grazas á velocidade dos seus dianteiros.

Leave a Reply