As Ártabras dan unha grande sorpresa ao gañaren en Cuntis ás Irmandinhas
Irmandinhos da Estrada 25 (2-19) – Ártabros de Oleiros 14 (0-14)
Irmandinhas 4-13 (25) – Ártabras 5-12 (27)
Os primeiros en saltaren ao terreo de xogo foron os Ártabros. Cun equipo cheo de garantías, os corvos plantáronse en Cuntis cunha idea na cabeza: pórlle as cousas difíciles aos vixentes campións. E abofé que o conseguiron. Co acerto do saque, tanto en longo como en curto, o xogo a man e a solidariedade tanto defensiva como en ataque entre os once xogadores, os Ártabros de Oleiros xogaron un partido moi sólido de comezo a fin.
De feito, os Irmandinhos por momentos non souberon como xogar aos Ártabros e perdéronse en balóns en longo para ninguén.
A pesar da derrota, os Ártabros dan boas sensacións logo de se enfrontaren ao primeiro e ao segundo do pasado campionato para comezar, agora, a xogar contra equipos da súa liga.
Ártabras dan a sorpresa
Cun equipo xusto en unidades, 7 xogadoras, as Ártabras plantáronse no terreo de xogo de Cuntis para facer o que até agora foi o seu mellor partido na Liga Galega de Fútbol Gaélico.
Cunha María R2 todo terreo, con transicións desde a defensa até o ataque e unha defensa de garantías, as Ártabras levaron o temón durante prácticamente todo o partido, chegando a ter mesmo 6 puntos de diferenza ao descanso.
O cansazo comezou a pasar factura a partir da metade do segundo tempo, cunhas Irmandinhas máis frescas, ao pousíren máis cambios, e envorcadas na portería ártabra. Así conseguiron pórse un punto arriba a falta dun minuto para o remate do encontro, momento en que nunha xogada persoal, María R2 marcou un gol que poría os 2 puntos de diferenza que serían definitivos.
Con esta vitoria nun dos campos máis complicados, as Ártabras énchense de confianza para enfrontaren unha liga ilusionante.
A