Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Keltoi de Vigo e Irmandinhos da Estrada, rivais na segunda xornada da Liga Galega de Fútbol Gaélico

A segunda xornada da Liga Galega de Fútbol Gaélico depara dous enfrontamentos dispares para os Fillos de Breogán e os Ártabros de Oleiros. Mentres os equipos femininos e masculinos breoganeiros recibirán aos vigueses de Keltoi o domingo a partir das 14.00 horas, os Ártabros viaxarán ao campo do vixente campión para se enfrontar o sábado no Campo da Ran en Cuntis aos Irmandinhos da Estrada ás 16.00 o masculino e 17.15 o feminino.

Tanto os Fillos como as Fillas tentarán manter o forte ritmo que amosaron na primeira xornada fronte a un Keltoi que é toda unha incógnita nesta temporada.

Pola súa banda, os Ártabros recuperan efectivos para a viaxe máis difícil da temporada para procurarlle pór as cousas difíciles aos Irmandinhos, algo que tamén procurarán as Ártabras fronte ás aspirantes Irmandinhas.

Ficha da fin de semana

Sábado 30 de setembro
Irmandinhos – Ártabros de Oleiros. 16.00 h. Campo da Ran en Cuntis
Irmandinhas – Ártabras de Oleiros. 17.15 h. Campo da Ran en Cuntis

Domingo 1 de outubro
Fillos de Breogán – Keltoi Vigo 14.00 h. Cidade Deportiva da Torre
Fillas de Breogán – Keltoi Vigo, 15.00 h. Cidade Deportiva da Torre

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply