Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Dupla vitoria das Fillas ante as Ártabras

O duplo Derbi das Mariñas saldouse con vitorias para os Fillos de Breogán ante os Ártabros de Oleiros en senllos enfrontamentos que foron máis desputados do que os marcadores finais amosaron. Se as Fillas de Breogán se impuxeron por 47 a 14 ás Ártabras de Oleiros, máis contundente foi o marcador dos Fillos de Breogán, que anotaron 59 puntos (16-11) fronte aos 7 dos Ártabros de Oleiros (1-4).

Os Fillos de Breogán tiveron que loitar moito ao comezo do partido. Os Ártabros saíron máis postos no enfrontamento e axiña souberon pórse diante do marcador. A presión na saída do balón aos Fillos e o xogo a man dos veteráns do equipo, souberon crear un partido incómodo ao 11 breoganeiro. Á metade da primeira parte, os Fillos só dominaban por un punto, 5-4, grazas ao compañeirismo dos Ártabros e a un gol dun gran Duarte.

Con todo, os Fillos souberon agardar a súa oportunidade. E vaia que o fixeron: a velocidade de Julián, Víctor e Costa, e o seu acerto entre os tres paus na dianteira acabou por imporse fronte a defensa voluntariosa dos Ártabros de Oleiros e pouco a pouco lograron marcar diferenzas.

Costa, con 7 goles e 4 tiros a paus, 25 puntos en total, foi determinante na vitoria breoganeira que acabou decantándose ao final da segunda por mor do cansazo dos Ártabros de Oleiros e a lesión do debutante Diego, que deixou aos corvos das Mariñas cun menos durante toda a segunda parte.

Os Fillos de Breogán lideran, polo momento, a clasificación e recibirán o vindeiro sábado a Keltoi de Vigo ás 14.15 horas. Pola súa banda, os Ártabros de Oleiros xogarán o 30 de setembro en terras estradenses fronte aos Irmandinhos, vixentes campións de liga

As Fillas comezan cunha vitoria a súa reválida do título

Unhas Fillas de Breogán inmensas comezaron con bo pé o seu camiño para procuraren o seu terceiro título consecutivo cunha importante vitoria ante unhas Ártabras de Oleiros que darán moito que falar durante esta temporada. O resultado final, 47 – 14 demostra que foi un partido desputado cunhas oleirenses que non perderon en ningún momento a cara do encontro.

As Fillas de Breogán chegaron sen cambios e iso notouse nos últimos minutos do enfrontamento fronte unhas Ártabras que, en cambio, teñen moitas caras novas nesta temporada, algunhas delas con moita proxección cara ao futuro.

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply