Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Comeza a temporada 2017-2018 de Fútbol Gaélico

Mañá sábado estamos de estrea! Esta fin de semana arrinca, por fin, a Liga Galega de Fútbol Gaélico cun apaixonante Derbi das Mariñas entre as máximas aspirantes a revalidaren o título final, as Fillas de Breogán, e as Ártabras de Oleiros. A cita, o sábado no Cidade Deportiva da Torre a partir das 14.15 horas.

Á mesma hora e lugar, os Fillos de Breogán enfrontaranse tamén fronte aos Ártabros de Oleiros no primeiro lance da temporada. A pesar de contar cun plantel xusto, a calidade e compromiso dos xogadores para temporada tentará contrarrestar a carencia de efectivos para loitar por manterse na terna polo título. Pola súa banda, os Ártabros de Oleiros contan cun plantel de garantías con moito xogador veterán para loitar por manterse entre os 6 equipos que, na segunda volta, desputarán o título de liga.

En fronte terán os eternos aspirantes Irmandinhos da Estrada e Estrela Vermelha, os sempre duros Herdeiros de Dhais, Auriense FG, Keltoi de Vigo, Dorna FG da Illa da Arousa, Cambados FG, e Terras do Eume das Pontes.

As Fillas, a loitaren por revalidar o título

As Fillas de Breogán encaran unha nova temporada coa vista posta en revalidar o título. A pesar de que se mantén o groso do plantel con algunhas novas xogadoras, será unha temporada difícil cunhas Irmandinhas moi reforzadas e Pontevedra FG que o porán difícil para que as breoganeiras poidan gañar por terceira vez consecutiva o título de liga.

Pola súa banda, as Ártabras de Oleiros tentarán manter a progresión que amosaron nos últimos partidos da temporada pasada.

Grazas pola túa atención
Ficha da fin de semana

Fillas de Breogán – Ártabras de Oleiros
Partido correspondente á primeira xornada da Liga Galega de Fútbol Gaélico.
Sábado 23 de setembro, 14:15 horas
Cidade Deportiva da Torre, A Coruña

Fillos de Breogán – Ártabros de Oleiros
Partido Amigábel
14:15 horas
Sábado 23 de setembro, 14:15 horas
Cidade Deportiva da Torre, A Coruña

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply