Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Primeiro amigable dos equipos dos Fillos coa vista posta na temporada 2017-2018

 

Esta fin de semana a Cidade Deportiva da Torre vivirá a antesala da Liga Galega de Fútbol Gaélico cun amigable Derbi das Mariñas. Os planteis masculino e feminino dos Fillos de Breogán e dos Ártabros de Oleiros desputarán dous partidos que servirán como primeiro ensaio para a competición que comezará neste mesmo mes e para probar os equipos nunha temporada que se prevé dura e competitiva.

A cita comezará a partir das 14.00 h co encontro masculino, que dará paso ás 15.00 ao feminino.

A pesar de contar cun plantel xusto, a calidade e compromiso dos xogadores para temporada tentará contrarrestar a carencia de efectivos para loitar por manterse na terna polo título, xunto aos Irmandinhos da Estrada, vencedores da competición, e Estrela Vermelha, duplo campión. Pola súa banda, Ártabros de Oleiros conta cun plantel de garantías con moito xogador veterán para loitar por facer un bo papel e mantérense entre os seis equipos que loitarán, na segunda volta, polo título.

Á falta de confirmacións de última hora, a Liga Galega de Fútbol Gaélico contará cunha única división nunha única volta que decidirá os equipos que, posteriormente, loitarán polo título.

As Fillas, a loitar por revalidar o título

Pola súa banda, as Fillas de Breogán encaran unha nova temporada coa vista posta en revalidar o título. A pesar de que se mantén o groso do plantel con algunhas novas xogadoras, será unha temporada difícil cunhas Irmandinhas moi reforzadas e Pontevedra FG que o porán difícil para que as breoganeiras poidan gañar por terceira vez consecutiva o título de liga.

Pola súa banda, as Ártabras de Oleiros tentarán manter a progresión que amosaron nos últimos partidos da temporada pasada.

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply