Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Os Fillos e as Fillas comezan a pretemporada no Festival de Pardiñas

Comeza a pretemporada 2017/2018! As flamantes campioas femininas da Liga Galega, da Copa Galega e do Torneo Ibérico de Fútbol Gaélico, as Fillas de Breogán, e os Fillos, teñen unha cita este sábado co comezo dos preparativos dunha nova e dura temporada, con todo por desputar e todo por conseguir, mais tamén coa vista posta no 21 de outubro e a máxima competición europea, que terá lugar en Maastricht.

A posta de curto non podería ser mellor: convidados pola Asociación Cultural Xermolos, o fútbol gaélico terá o seu espazo nunha das citas folk por excelencia do verán festivaleiro galego, XXXVIII Festival de Partiñas de Guitiriz.

Un grupo de Fillas e Fillos de Breogán estaremos agardando por ti no Campo Municipal de Fútbol Noroña Basanta de Parga, en Guitiriz. Alí ofreceremos a partir das 11.00 horas un adestramento aberto onde podes vir probar o deporte, ensinaremos algúns conceptos básicos, sempre de xeito didáctico e lúdico.

Despois, a partir das 12.00 horas, haberá un partidiño entre membros dos Ártabr@s e dos Fill@s e ti se queres xogar!

Anímate!

futbol-gaelico-parga-pardiñas

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply