Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

O club, a pola Copa Galega de Fútbol Gaélico

Os Fillos de Breogán irán con todo a loitar pola cuarta edición da Copa Galega de Fútbol Gaélico que se desputará ao longo do sábado no concello pontevedrés na Estrada, ao levar os seus catro equipos e máis de corenta xogadores e xogadoras.

As Fillas e os Fillos terán como meta facérense cun campionato que se lles resiste a ambos a pesar de chegaren ambos os dous planteis á final na pasada edición.

Fillas parte como grande favorita tras o excelente ano que as levou a ser campioas da Liga Galega. Tentarán pór a guinda ao pastel co primeira Copa Galega na historia do club, unha tarefa que será ben complicada pois contarán cun plantel xusto e co grupo máis complicado, coas potententes Pontevedra FG, Herdeiras de Dhais e Braithreachas como rivais.

Pola súa banda, as Ártabras acoden á cita cunha notable melloría no seu xogo e cun excelente estado anímico tras quedaren segundas na Liga B feminina. As rapazas de Dani Vaamonde e Dani Bechler terán como rivais ás Irmandinhas, Estrela Vermellha e Auriense.

No cadro masculino, os Fillos de Breogán quererán resarcirse do mal sabor de boca que deixou a Liga, ao remataren de segundo dos empatados a puntos cos campións, Irmandinhos da Estrada. E aínda que Fillos fixeron un excelente campionato ligueiro, a sensación de perder a Liga só dá máis azos aos pupilos de Pedro Villarino e Dani Vázquez para loitar por este título. En fronte terán no grupo a Auriense e Cambados e unha máis que probábel semifinal cos Irmandinhos.

Por último, os Ártabros chegan cun grupo moi compacto que tentará loitar por chegar ás semifinais. O equipo de Sebas Pan ten claro que para iso hai que facer un torneo máis que serio e non desaproveitar as oportunidades. En fronte, Estrela Vermelha e Braithreachas fan factíbel o obxectivo de loitar polo mellor segundo posto que dá acceso á semifinal.

Copa Galega

A Copa Galega é un torneo oficial que se desputa no noso país desde hai 4 anos, terá como sede nesta temporada o concello pontevedrés da Estrada. Os campos Manuel Regueiro e o Campo Novo serán as localizacións dos partidos que comezarán as 10.00 a fase de grupos e a partir das 14.00 as eliminatorias.

Pódese atopar máis información sobre os horarios nas seguintes imaxes:
horarios femininos

horarios masculinos

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply