Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Gran peche de campaña das Ártabras cunha vitoria na súa visita a Vigo

As Ártabras foron as encargadas de pechar a tempada do clube, fronte ás rapazas de Keltoi Vigo. Foi á mañá do domingo, no Campo Municipal da ETEA en Vigo e en xogo estaban 2 puntos que definirían a posición final na táboa clasificatoria.

O partido tivo un ritmo alto dende o inicio e as oleirenses, cun pronto gol de Vero, deseguida colleron a iniciativa no marcador. A intensa disputa mantívose toda a primeira parte, co equipo vigués manténdose vivo grazas aos tiros a paus a balón parado. Deste xeito, o partido chegou ao descanso con empate a 13, xusto despois de que as visitantes erraran un penalti nos últimos segundos da primeira parte.

Xa na segunda parte as pupilas de Dani Vaamonde e Dani Bechler saíron decididas a polo partido, adiantando as súas liñas para presionar ás rivais no seu propio campo. A nova estratexia xurdiu efecto rapidamente e as Ártabras conseguiron unha renda que xa sería insalvable para as súas rivais.

O encontro rematou cun marcador final de 2-12 (18)/3-21(30). As Ártabras enlazan, deste xeito, dúas victorias consecutivas contra rivais directas na clasificación que, nesta recta final da tempada, as catapultan a unha moi meritoria segunda plaza no grupo B da Liga Galega.

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply