Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Fillas campioas e Fillos a Europa

Histórica campaña das Fillas e dos Fillos de Breogán. Eis o mellor adxectivo para definir un ano que, a pesar das dificultades, quedará na memoria dos que compoñemos a familia dos Fillos de Breogán.

Por segundo ano consecutivo, as Fillas de Breogán proclamáronse campioas da Liga Galega de Fútbol Gaélico, debido á incoparecencia das súas rivais hoxe no terreo de xogo e ao longo da temporada, Pontevedra FG.

A pesar de se tratar dun plantel reducido e con moitas incorporacións, as Fillas de Breogán volveron amosar a súa superioridade no xogo que as levou a facer unha temporada perfecta: contar con todos os seus partidos con vitorias.

O tempo porá a perspectiva necesaria para valorar na xusta medida o que están a facer as breoganeiras.

Os Fillos, a Europa

Segundos na Liga, empatados a puntos cos primeiros e co billete na man para ir a Europa. Satisfatorio é pouco cualificativo para falarmos da temporada dos Fillos de Breogán na Liga Galega de Fútbol Gaélico que vén de rematar para os breoganeiros.

A pesar de que, finalmente, non puido ser, os Fillos de Breogán loitaron polo título até o final contra uns Irmandinhos reforzados e fronte aos tricampións de Estrela Vermelha.

Con todo, a temporada ten premio: a segunda posición levaraos a loitar o vindeiro ano contra a elite europea.

Un campionato e un subcampionado fan desta a mellor temporada da historia dos Fillos de Breogán. Un 2017 histórico, rapaces!

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply