Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Os equipos dos Fillos regresan de Lalín con dúas vitorias

Novamente, as Fillas de Breogán solventaron con claridade un partido contra unhas das maiores rivais nesta liga 16/17. O partido presentábase complicado, tanto pola entidade do rival como polas importantísimas baixas que sufría o equipo coruñés esta xornada.

Non obstante, as pupilas de Iago Pedreira construíron un encontro moi ordenado. Dende a absoluta seguridade en defensa e na portería, as coruñesas, sen precipitación pero sen tomar descansos, foron abrindo unha fenda no marcador ata chegar ao descanso cunha sólida vantaxe de 7-29.

A segunda metade do partido seguiu a mesma tónica da primeira e a vitoria das Fillas nunca correu perigo.

Con esta importante vitoria (1-08 // 11-27), as Fillas deixan atrás a unhas das máis importantes perseguidoras na clasificación e poderían sentenciar a Liga Galega a vindeira xornada, na que reciben ás segundas clasificadas, Pontevedra FG.

O partido dos Fillos foi outro conto. O impetuoso conxunto lalinense formulou un partido duro e moi loitado e, ante un un equipo coruñés con baixas importantes e certa desorde nos primeiros minutos, chegaron a levar a iniciativa durante boa parte do encontro.

Non obstante, na segunda metade do partido, a paciencia e bo facer dos breoganeiros deron os seus froitos, que se viron reflectidos nunha vantaxe que chegou a ser de 12 tantos.

Non foi, aínda así, un final de partido cómodo pois un fortísimo último arreón dos Herdeiros, no que se atoparon con 2 goles, reduciu a distancia do marcador, situándoo no 3-13 (22) / 5-13 (28) final.

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply