Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Derrotas das Ártabras e dos Ártabros contra Auriense FG e Irmandinhos

Non puido ser. As Ártabras e os Ártabros non puideron devolverlle a boa acollida con que sempre nos recibe Curtis con dúas vitorias. Con todo, ambos planteis deixaron unhas boas sensacións e un bo xogo que non foi suficiente para derrotar a dous dos equipos máis fortes das súas respectivas ligas.

As Ártabras foron as primeiras en pisar o céspede do Campo Municipal de Curtis. En fronte, as líderes da segunda división da Liga Galega de Fútbol Gaélico, Auriense FG, que se impuxeron máis pola súa constancia e paciencia que por demostraren superioridade.

De feito, durante os primeiros minutos do encontro foron as Ártabras as que levaron a iniciativa, con acerto e con ganas. Co paso dos minutos, as ourensás comezaron a sentirse cómodas e e puideron abrir unha fenda no marcador polo seu acerto no tiro a gol.

O marcador final, Ártabras 9-11(38) Auriense FG 11-24(57) foi talvez máis amplo do que as pupilas de Dani Vaamonde e Dani Bechler mereceron.

Os Ártabros deron a cara fronte Irmandinhos

Pola súa banda, nada tivo que ver o partido dos Ártabros fronte aos Irmandinhos co da primeira volta, onde os estradenses pasaron por enriba dos corvos das Mariñas. Desta vez, os Irmandinhos tiveron que se esforzar para levar a vitoria por un Ártabros 2-6 (12) / 9-20(47).

As últimas incorporacións dos Ártabros, Costa e Suéter, xunto a rodaxe do resto do plantel, estáse a notar nos últimos encontros, a pesar de que os resultados seguen sen acompañar. O 11 mariñán estivo ben asentado no campo e mantendo as marcas, agás contadas excepcións que, claro está, foron aproveitadas polos Irmandinhos para abriren distancia no marcador.

Con todo, os Ártabros, á diferenza do que acontecía nos primeiros partidos de liga, non perderon a cara ao partido grazas ao xogo a man e a rapidez de Costa e Iaguito na dianteira.

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply