Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Lalín, próxima estación na Liga Galega de Fútbol Gaélico para os Fillos e as Fillas

As terras dezás de Lalín son a vindeira parada na Liga Galega de Fútbol Gaélico para os nosos e as nosas. Nela, unha derrota dos Fillos faríalles perder definitivamente o tren da competición, mentres as Fillas, con 8 vitorias no seu haber, queren conquistar máis unha estación no seu traxecto cara á Liga.

A xornada comezará ás 20:30 coas Fillas de Breogán no terreo de xogo. En fronte, unhas sorprendentes Herdeiras de Dhais, debutantes no gaélico este mesmo ano mais terceiras na clasificación e que xa lle puxeron as cousas ben difíciles no partido da primeira volta.

Pola súa banda, os Fillos chegarán con ganas de se resarciren do duro golpe que supuxo o partido contra Estrela Vermelha, e con el a perda de boa parte das aspiracións ligueiras.

En fronte, os sempre difíciles Herdeiros de Dhais, que a pesar de se estrearen este ano na máxima competición gaélica, están a amosar un xogo complicado para os rivais, cunha forte e potente defensa que implica marcadores moi axustados. Os vixentes campións e máximos aspirantes ao título, Estrela Vermelha, xa saben o que é perder contra eles.

O partido será este sábado en Lalín, 25 de marzo, a partir das 21:30 horas.

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply