Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

Curtis acolle este sábado ás Ártabras e Ártabros

O Campo de Fútbol de Curtis volve ser o anfitrión dunha nova xornada da Liga Galega de Fútbol Gaélico. Desta volta, as Ártabras e os Ártabros actuarán como locais fronte as rapazas de Auriense FG e os rapaces de Irmandinhos FG, dous difíciles rivais.

Logo de varias semanas de descanso, as Ártabras FG xogarán a partir das 16:30 fronte Auriense FG, que lideran polo momento a segunda división feminina e quedaron a un paso de estaren na loita polo título final.

Posteriormente será a quenda dos Ártabros fronte aos todopoderosos Irmandinhos, terceiros na táboa pero que xa no partido da primeira volta amosaron a súa superioridade co marcador máis avultado na historia dos Ártabros, 70-01. Nunha liga tan xunta, a vitoria final poderá residir na diferenza goleira, polo que os Irmandinhos prometen non dar tregua.

Con todo, estes non son os Ártabros da primeira volta e a pesar de que o partido será difícil, abofé que non o porán doado.

 

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply