Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

As Fillas non fallan

Quen non falla nesta Liga son as Fillas: nun novo partido dominado de comezo a fin, as Fillas de Breogán deron boa conta de Estrela Vermelha por 46 puntos de distancia: 14-19 (59) / 2-06 (12).

O partido durou o que tardaron as Fillas en saíren ao terreo e centraren as súas ofensivas. Cuns primeiros tímidos achegamentos, con disparos certeiros a paus, as breoganeiras comezaron a pór distancia no marcador, até que entraron en xogo as dianteiras e buscaron a porta.

Coa distancia xa posta, as Fillas de Breogán comezaron a gustarse e a facer o xogo preciso e rápido que as leva a ser as primeiras e invictas na Liga Galega de Fútbol Gaélico.

Na segunda parte, xa relaxadas, Estrela Vermelha comezou a achegarse ao marco breoganeiro pero unha magnífica Kamy, cunhas intervencións que demostran o porqué da súa chamada á selección galega, só concedeu un gol en todo o encontro.

Con esta vitoria, as Breoganeiras continúan firmes no campionato, con 8 vitorias noutros tantos encontros e unha diferenza de máis de 200 puntos a favor.

 

 

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply