Novas

Últimas novas dos Fill@s de Breogán e dos Ártabr@s de Oleiros

10 membros do club, nas seleccións galegas!

O vindeiro sábado 18 de marzo, a partir das 17:00 horas, a Selección Galega de Fútbol Gaélico xogará en Ourense un amigábel fronte a todopoderosa Selección Francesa, para o que xa hai convocatoria e dela forman parte nada máis e nada menos que 10 Fillas e Fillos de Breogán.

As seis fillas que a camisola do combinado nacional son Carmen Fernández “Kamy”, Patricia García “Patri”, Laura Paz, María Rodríguez “R-2”, Eva Lago e María García “Mery”.

Pola banda dos fillos completan o plantel galego Alberto Méndez, Alex Seijas, Juan Mejuto e Juan Fariñas.

As 6 Fillas e os 4 Fillos seleccionados para o combinado galego demostran o bo momento que viven ambos os planteis, líderes en solitario das respectivas ligas.

Moita sorte a tod@s e avante o gaélico galego!

seleccion-feminina

seleccion-masculina

 

Tweet about this on TwitterShare on Facebook0Share on Google+0

Leave a Reply